Claves GTD. Clave 1: A consecución de enfoque

Algo tan sinxelo como unha suma (4857409+947675=?) resulta moito máis doado de efectuar se nos apoiamos nun sistema externo (lapis e papel, por exemplo) que se o facemos “de memoria”. Isto débese á que a nosa memoria explícita ten unha capacidade de manexar elementos en paralelo moi limitada, de modo que, se para a suma anterior, nos obrigamos a facelo todo “de memoria”, ralentizamos o proceso, pero se nos axudamos dun soporte externo (papel), ao non termos que memorizar os datos que se van obtendo, operamos con moita maior axilidade.

Porén, e malia que este fenómeno é de todos coñecidos, non é habitual que nos apliquemos o conto ao resto dos nosos quefaceres. Ben ao contrario, o cotián é que levemos en mente montes e moreas de asuntos por atender e que, no canto de envorcalos nun sistema externo que lles dea cabida, os reteñamos na mente, co que, sen pretendelo, nos auto-provocamos un problema de concentración que nos volve máis lentos e reduce a nosa capacidade resolutiva. Esta é a razón pola que do GTD se di que constitúe “un disco externo complementario para o teu cerebro”. A consecución de axilidade mental e operativa é, pois, un dos seus obxectivos. E as listaxes de tarefas, a ferramenta central.

Deixa unha resposta