Que o método GTD se convertese nos últimos anos no método de organización por excelencia non é óbice para que non existan outras alternativas interesantes. Ou mesmo complementarias en moitos aspectos porque, aínda que a técnica que se prefire sexa unha determinada, iso non implica que non haxa outras que posúan enfoques de interese cos tamén un poida enriquecerse. Nisto da efectividade persoal, como en tantos outros eidos, cantos máis recursos se teñan a disposición, mellor.
AGILE RESULTS é un exemplo deste tipo de metodoloxías. Non ten unha implantación tan xeneralizada como o GTD, pero tamén posúe un relevante número de seguidores, algúns deles moi ferventes. De xeito xeral, adoita resultar de moito interese, por exemplo, para que aqueles que prefiren métodos “máis abertos” ou cunha estrutura máis liviá que a que posúe GTD.
Estas son algunhas entradas sobre AGILE RESULTS:
- Os tres piares do método Agile Results
- Agile Results. Claves produtivas (i)
- Agile Results. Claves produtivas (ii)
- Agile Results. Claves produtivas (iii)
Os principios da SIMPLICIDADE tamén adoitan ter innumerables aplicacións en materia de efectividade e organización persoal e corporativa. Nesta entrada constitúe unha boa introdución ao concepto:
Relacionado tamén coa simplicidade, está a chamada TÉCNICA 5S, que favorece a creación de espazos permanentemente ordenados e, polo tanto, tamén máis produtivos, seguros e mellor organizados: